OURENSE, 1 A 18 DE OUTUBRO DE 2009
exposicións
actividades
horarios, enderezos, entidades
ACTIVIDADES
 


Cinema e BD


Sección dedicada á proxección en 35mm de filmes relacionados coa banda deseñada internacional, en estrea na cidade. No Cinebox Ourense (Centro Comercial Ponte Vella), coa colaboración do Cineclube Padre Feijoo e a Federación de Cineclubes de Galicia. Prezo de entrada: 3 euros. Proxeccións en versión orixinal subtitulada.

• Mércores 7 de outubro, 20.30 e 23 h: Vals con Bashir (Ari Folman, 2008). Filme de animación sobre base documental, o proxecto conta tamén cunha versión en cómic, asinada por Ari Folman e David Polonsky e editada en España por Salamandra. O filme Vals con Bashir foi presentado en Cannes 2008 e premiado no Festival de Xixón 2008; obtivo ademais o Globo de Ouro ao mellor filme de fala non inglesa e foi nomeado ao Oscar nesa mesma categoría.
Unha noite nun bar, un vello amigo conta a Ari que ten un pesadelo recorrente en que o perseguen 26 cans. Ambos chegan á conclusión de que ten que ver cunha misión que realizaron para o exército israelí durante a primeira guerra co Líbano, a principios dos anos oitenta. Ari sorpréndese ante o feito de non lembrar nada dese período da súa vida. Intrigado, decide ver e falar con vellos amigos e antigos compañeiros dispersados polo mundo enteiro. Necesita saber a verdade acerca dese período e de si mesmo.

Vals Im Bashir/Waltz with Bashir. Israel/Francia/Alemaña, 2008. Cor, 90 min. Dirección e guión: Ari Folman • Produción: Ari Folman, Yael Nahlieli, Serge Lalou, Gerhard Meixner, Roman Paul (Bridgit Folman Film Gang, Les Films d’Ici, Razor Film, Arte France) • Dirección artística: David Polonsky • Montaxe: Nili Feller • Música: Max Richter • Voces: Ori Sivan, Ronny Dayag, Shmuel Frenkel, Profesor Zahava Solomon, Ron Ben-Yishai, Dror Harazi, Miki Leon (Boaz Rein-Buskila), Yehezkel Lazarov (Carmi Cna’an) • Estrea en Israel: 12/6/2008; estrea en España: 20/2/2009. Versión orixinal con subtítulos en castelán.

http://www.golem.es/valsconbashir/




ENCONTROS E PRESENTACIÓNS

Encontro de BD


O sábado 3 de outubro, a partir das 12 h., encontros e mesas redondas cos autores das exposicións. Entrada libre.
— Presentación do fanzine Cosmos, con Raquel Aparicio. O fanzine contén obra de Paco Alcázar, Jorge Parras, Sae, Lala e a propia Raquel Aparicio.
— Presentación do volume Enfermo, con presenza de varios dos seus autores.
— Mesa redonda con Juanjo Sáez, Miguel Brieva e David Rubín.
Na Sala Alterarte (Campus de Ourense).



 

Lab·Ou


Na tarde do sábado 3 de outubro, a partir das 17 h., presentación de exercicios creativos colectivos do Lab·Ou (Laboratorio Galego de BD Experimental). Nos exercicios poderá participar calquera autor de BD interesado, aínda que non forme parte do Laboratorio.

Máis información: www.labou.blogspot.com


Na Casa da Xuventude



 

 

Entrega dos premios do Certame
«GZcrea 2009» e do Premio Ourense de BD

O día 1 de outubro, ás 12:30 h, na Casa da Xuventude, farase entrega do Premio Ourense de Banda Deseñada, na súa vixésima edición. O premio, outorgado pola Casa da Xuventude e a Concellaría de Cultura do Concello de Ourense, distingue cada ano unha iniciativa ou unha traxectoria en relación coa BD en Galicia. O galardón é unha estatuíña deseñada e realizada expresamente para a ocasión polo artista plástico Manolo Figueiras. Este ano o premio correspóndelle a El Patito Editorial, pola súa aposta pola publicación de BD desde Galicia e en galego. No mesmo acto, entregaranse tamén os premios do Certame «GZcrea 2009» de Banda Deseñada.