|
OURENSE, 1 A 18 DE OUTUBRO DE 2008
|
EXPOSICIÓNS
 |
Rachel Deville Rachel Deville (Firminy, 1972), francesa afincada en Barcelona desde hai uns anos, é autora do álbum Lobas (Ediciones Sins Entido, 2007), unha reflexión autobiográfica sobre a súa condición de irmá xemelga, que parte de mitos como o de Rómulo e Remo.
No Museo Municipal
|
 |
Enrique Flores
Enrique Flores (1967), ilustrador habitual en medios como El País, é colaborador de revistas de BD como Dos Veces Breve e autor, xunto con Felipe Hernández Cava no guión, do álbum Bebop (Edicions de Ponent, 2000), unha espléndida crónica sobre o jazz dos cincuenta e os seus músicos.
www.4ojos.com
No Museo Municipal
|
 |
Filipe Abranches
Filipe Abranches (Lisboa, 1965) iniciouse como autor de BD en 1979, e ten editados unha decena de álbums individuais; ademais, publicou traballos en numerosos medios portugueses e internacionais. Esta exposición retrospectiva, a cargo do Centro Nacional de Banda Desenhada e Ilustração da Amadora, inclúe pranchas de obras súas como O diário de K, Al’Mutamid, 16 – 1 e Pássaros.
http://filipeabranches.blogspot.com
No Museo Municipal
|
 |
Certamen Injuve de Cómic e Ilustración 2007
Gañadores das dúas modalidades do prestixioso certame do Instituto de la Juventud. Obras de Daniel García Cuenca, Martín Romero, Clara-Tanit Arqué, Ferran Esteve e Esteban Hernández, na modalidade de cómic, e de Raquel Marín, Nikolay Troshinsky, Ketodiko (Francisco Pereira), Martín Romero, Boris Rodríguez, Cinta Fosch e Kike De La Rubia na de ilustración.
No Museo Municipal
|
 |
Romeo e Xulieta / Tirant lo Blanc
Avance das adaptacións destes grandes clásicos da literatura á banda deseñada, a cargo de David Rubín (con guión de Ricardo Gómez) e Miguel Porto, respectivamente. Ambas as obras serán publicadas en breve por parte de SM.
No Auditorio Municipal de Ourense
|
 |
Delicatessen: Roque
Roque Romero (A Coruña, 1978) é licenciado en Belas Artes pola Facultade de Pontevedra. Ademais de ter editado en numerosos fanzines, participou nos álbums colectivos H2Oil e Barsowia en llamas, e en 2006 obtivo un dos accésit do Certamen Injuve de Cómic e Ilustración. Acaba de ver publicado o seu monográfico dentro da serie Polaqia Sketchbook. Seguindo a tradición da mostra Delicatessen das Xornadas, Roque escolleu dez das pranchas dos seus traballos máis representativos e ofréceos comentados nesta exposición.
Na Biblioteca da Universidade
|

|
20 edicións das Xornadas
Mostra retrospectiva que repasa brevemente a historia das Xornadas de Ourense: os carteis, as portadas d’O Fanzine, os premios Ourense, etcétera.
Na Casa da Xuventude
|

|
GZcrea Banda Deseñada 2008
Obras gañadoras da edición deste ano do concurso convocado pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galicia. Son os traballos de Martín Romero (1.º Premio), Lola Lorente (2.º Premio), Jerónimo Piñeiro de Castro (3.º Premio) e Diego Campos Omil (Mención de honra).
http://www.gzcrea.net
No salón da Casa da Xuventude
|
|
|
|